Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Mª Soliña Barreiro interveu no Intergrupo de linguas do Parlamento europeo

A profesora incidiu en que "para protexer o audiovisual galego o primeiro que se debe facer é unha trasposición que protexa a diversidade"

21/04/2023

A investigadora e docente Mª Soliña Barreiro, do Grupo de Estudos audiovisuais da USC, interveu, a través dunha vídeo conferencia, na presentación das emendas propostas pola Iniciativa galega polo audiovisual (composta pola Mesa, AGAPI, AAAG, AGPTI, Crea, Asoc Guionistas e o propio GEA) ao informe sobre a aplicación da directiva europea de comunicación audiovisual que debate o parlamento europeo.

A delegación integrada tamén por Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e Xosé Lois Ledo, da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), defendeu no Parlamento europeo a igualdade para o galego no audiovisual tal e como  propuña a Iniciativa Xabarín aprobada unanimemente no Parlamento de Galiza e na maioría de concellos galegos. Esta comparecencia produciuse no Intergrupo de linguas, do que forman parte deputados de todos os grupos da eurocámara, no marco da elaboración do informe parlamentar sobre a Directiva europea do audiovisual que clarificará os termos no que os Estados a deben aplicar. Con ela predendeuse informar aos parlamentarios europeos de que non está a garantir a presenza do galego en igualdade de condicións co castelán nas cotas de pantalla, financiamento anticipado, dobraxe, lexendaxe, interfaces, webs e audiodescricións. Así mesmo tamén sesinalou que a definición de “produtora independente” que recolle a nova lei estatal debe ser clarificada na directiva europea de servizos de comunicación audiovisual.

A intervención pode verse aquí.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais