O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media and Communication Research (IAMCR) e pola School of Media and Communication da Shanghai Jiao Tong University (SJTU) en Shanghái.
A investigación parte da necesidade actual de comprender como a intelixencia artificial está a acelerar a creación de contidos e a transformar a paisaxe da produción. Aínda que ferramentas como a IA poden democratizar a creación ao abaratar a produción de contornas virtuais, tamén poden xerar, de maneira involuntaria, novas barreiras e limitacións. Este estudo analiza a interface de usuario e o fluxo de traballo de Luma AI, unha plataforma que utiliza intelixencia artificial e campos de radiancia neuronal (NeRFs) para crear contornas 3D fotorrealistas. Devandita análise contrastase co proceso de creación de contido similar empregando o escáner LiDAR integrado nun iPhone. Para avaliar a utilidade percibida e a facilidade de uso de cada tecnoloxía, a investigación aplicou o Modelo de Aceptación Tecnolóxica (TAM). O obxectivo central foi comparar os resultados e os fluxos de traballo co fin de determinar que tecnoloxía ofrece unha maior accesibilidade e eficiencia na creación de contornas virtuais.
A participación de Rocío del Pilar Sosa Fernández tivo lugar no Panel E4 Human Responses to AI Images, moderado por Yuehua Wu (Shanghai Jiao Tong University) e con Nico Carpentier (Charles University, Chequia) como discussant.
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade Antía […]
