O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h.
A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade Antía María López Gómez, nace dunha dobre intención. Por unha banda, crear unha sistemática de análise propia que permita clasificar e identificar as distintas categorías de corte aplicadas sobre os corpos femininos ou feminizados no cinema. Por outra, aplicar esa mesma sistemática a un conxunto de filmes franceses producidos entre finais do século XX e principios do XXI, coñecidos como Novo Extremismo Francés.
O xurado estará composto pola Dra. Mª Begoña Gutiérrez San Miguel, catedrática da Universidade de Salamanca e presidenta do tribunal; o Dr. Francisco García García, catedrático da Universidade Complutense de Madrid, e o Dr. Cibrán Tenreiro Uzal, profesor da Universidade de Santiago de Compostela.
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade Antía […]
