III Xornadas Internacionais Violencia de xénero e muller con discapacidade IN.XURGA 2022 coa participación de Margarita Ledo Andión
Os vindeiros 17 e 18 novembro de 2022 realizaránse as xornadas en streaming
Os vindeiros 17 e 18 novembro a Asociación pola defensa das persoas con discapacidade/dependencia de Xuristas Inclusiv@s (IN.XURGA), organiza as III Xornadas Internacionais Violencia de xénero e muller con discapacidade IN.XURGA 2022, onde colaborará como asociada de honra a coordinadora do Grupo de Estudios Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. intervirá o día 18 ás 18.00h coa poinencia: “Os vieiros que levan ate o filme Nación“.
As inscricións para esta xornada online, pódense realizar remitindo un correo electrónico a in.xurga@gmail.com. Indicando nome, apelidos, DNI, lugar de residencia/país, profesión, se tes algunha discapacidade/dependencia e se pertences a algunha asociación.
A duración total das xornadas son 10 horas que se certificarán.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
