Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Aberta a inscrición para a sétima edición do CO(M)XÉNERO

O Seminario Permanente de Comunicación e Xénero está titulado desta volta `Descifrando Violencias´

21/10/2022

A sétima edición do CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero terá lugar nos días 3 e 4 de novembroi na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) co apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Nesta ocasión, as xornadas céntrase no ollar, debater, e aprender a descifrar diferentes modos e maneiras de violencia, latentes ou que podemos tocar ca man.

Coordinado pola directora do GEA, a catedrática Margarita Ledo Andión, o seminario está dirixido a estudantes de comunicación, persoal investigador en formación, profesionais e, en xeral, a todas as persoas interesadas en abordar as diferentes violencias heteropatriarcais que nos atravesan. A participación no CO(M)XÉNERO pode ser recoñecida como actividade formativa para o estudantado do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea.

Esta  “comunidade electiva” que se foi entrelazando á volta do  CO(M)XÉNERO chega á súa edición número 7 para ollar, debater, e aprender a descifrar diferentes modos e maneiras de violencia, latentes ou que podemos tocar ca man.

Da muller-monstro no cinema de terror, entre as cales a muller-lobo tan presente nas nosas fábulas ou a muller-caníbal, falaranos Itxaso del Castillo, ensinante na Universidade do País Vasco, mentres Silvia Roca, investigadora do GEA, vainos desacougar dando a coñecer como se nos representa na ficción galega.

As pezas de María Ruido, artista multimedia e profesora  na Universidade de Barcelona acollen a  pequena e gran transgresión ate o límite canda unha nova alfaia, `Las reglas del juego´, esa conversa con Brigitte Vasallo que vai acordar todas as sospeitas sobre a performarce do propio corpo, un corpo que queremos liberado dos medos e dos espazos escuros da agresión permanente.

O Obradoiro de Adriana Páramo e de Iria Pinheiro, `O escenario por cámara´, trae á tona aspectos desa ferida que se singulariza como “violencia obstrética”.

Aos 5 anos do #MeToo podemos celebrar  pasos avante na  acción de contar, esixir responsabilidades, concienciar e partillar.

Esta edición está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade) e da Xunta de Galicia a través da convocatoria 2019 de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas, da que é beneficiario o GEA.

A actividade está aberta ao público en xeral, pero diríxese especialmente a profesionais e persoal investigador no ámbito das ciencias da comunicación, estudantes do Programa de Doutoramento en Comunicacion e Información Contemporáneas (a participación no seminario será considerada AF), e estudantes dos graos de Comunicación Audiovisual e Xornalismo.

O programa inclúe conferencias, sesións de proxeccións e debate, así como obradoiros para achegármonos a outra forma de contar.

A inscrición é de balde e está aberta ata o 1 de novembro a través deste formulario.

 

 

 

 

MÁIS NOVAS
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
Defensa da tese doutoral: « Gramática da ferida: Triplo Corte no Novo Extremismo Francés».
08/04/2026

O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade  Antía […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais