O vindeiro venres 6 de setembro ás 19:30 dá comezo o III Ciclo de Cine Galego en Buenos Aires, coorganizado entre a Cátedra Galicia-América (Dirección Lectura Mundi, Universidad Nacional de San Martín) e o Centro Galicia de Buenos Aires. O Ciclo, baixo a dirección de Jorge Gil Morabes, proxectará na súa primeira reunión o filme “Pelerinaxes” (2016), de Simone Saibene.
Posteriormente, tamén pasarán pola pantalla do Salón Valle-Inclán do Centro Galicia Encallados, de Alfonso Zarauza, o 27 de setembro; Tralas Luzes de Sandra Sánchez o 25 de outubro; Memorias Rotas – La balada del comandante Moreno, de Manane Rodríguez, o 29 de novembro; e Matria de Álvaro Gago o 13 de decembro. A entrada é libre e de balde.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
