
O XIII Congreso da AEHC acolle a presentación do «Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo»
Do 10 ao 12 de marzo de 2011 a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC converteuse en sede o XIII Congreso da Asociación de Historiadores do Cinema. Baixo o título Aurora e melancolía, a edición centrouse no cinema realizado durante a II República (1931-1939) e foi co-organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais, a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e a Xunta de Galicia.
No marco do evento, a investigadora do GEA, Margarita Ledo Andión, presentou xunto a Ramiro Ledo Cordeiro e Pablo Cayuela os resultados da investigación “Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo”, un proxecto que, a partir da recuperación en 2010 de 16 novos minutos do material rodado por Carlos Velo para o filme Galicia -Finisterre 1936, combina a análise teórica coa montaxe cinematográfica para ofrecer unha reconstrución da peza do cineasta de Cartelled de 22 minutos de duración . Na noite do xoves 10 de marzo, o Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación acolleu a proxección en primicia da reconstrución da obra fundacional do cinema galego do que ata agora só se conservaban 8 minutos de duración. O venres 11 de marzo á tarde, o equipo investigador presentou o proceso de pesquisa e os resultados do proxecto.
Tanto o documento como o vídeo final na investigación poden ser consultados en liña.
“O seguinte texto expón as conclusións tiradas da análise comparada das tres fontes existentes arestora de Galicia (Carlos Velo, 1936):
GALICIA 8 MIN.: a única copia conservada até o de agora, proxectada nas XoCiViGa d’O Carballiño de 1985. (8’07’’)
ISPANIJA: filme realizado no ano 1939 pola directora soviética Esfir Shub, montado a partir de imaxes de diversas procedencias, e no que se atopan parte das imaxes rodadas por Velo para Galicia.
BOBINAS: material depositado no CGAI en decembro de 2010 polo profesor Vladimir Magidov. As tres primeiras bobinas, que analizando as colas fotograma a fotograma se corresponden cos números 13694, 13696 e 13697, conteñen 16 minutos de Galicia. É a estas ás que nos referiremos. Sen son”
Estudos sobre o filme de Carlos Velo

A Oficina de Igualdade de Xénero da USC outorga ao Grupo de Estudos Audiovisuais a Mención Honorífica en recoñecemento a unha consolidada traxectoria de investigación e actividades formativas con perpectiva de xénero. Entre as iniciativas e accións promovidas polo GEA e valoradas para a concesión desta mención, a Universidade pon énfase no desenvolvemento do CO(M)XÉNERO-Seminario […]
A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC) acaba de publicar en aberto o libro de homenaxes da última edición do seu congreso internacional, que recoñeceu a traxectoria de Margarita Ledo Andión, Néstor García Canclini e Ramón Zallo. O volume inclúe as laudatorias que lles dedicaron Emili Prado, Miquel de Moragas e Mª Trinidad […]
A Cátedra Juan Antonio Ramírez do Museo Reina Sofía convida á investigadora, cineasta, poeta e escritora Margarita Ledo Andión ao seu programa de conferencias maxistrais. Baixo o título “Exilio. Feminismo. Ensaio fílmico: o corpo como vestixio“, Ledo Andión propón unha reflexión en torno ao corpo como punto de chegada logo de percorrer un fío invisible que […]
Data de inicio: 01/12/2010Data de fin: 31/01/2012I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión , Ramiro Ledo Cordeiro; Pablo Cayuela
