Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Fx: Ollos para ver, 1º encontro de fotografía documental contemporánea galega

Exposición, seminario e curso de verán

23/05/2023

O 1º Encontro de Fotografía Documental Contemporánea Galega está organizado dende o Grupo de Estudos Audiovisuais e agrupa unha lista de actividades que teñen como cometido achegar fotografía documental galega, da man dunha extensa lista de profesionais, ao eido universitario.

Compónse á súa vez de diferentes actividades dende os meses de abril ata xullo:

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DO COLECTIVO OLLO (24/04/23-22/06/23)

O encontro iniciouse o día 24 de abril coa inauguración no corredor principal da Facultade de Cc. da Comunicación da exposición fotográfica do Colectivo Ollo. Este é un colectivo fotográfico multidisciplinar adicado á creación, distribución, divulgación e difusión de historias de relevancia social a través da imaxe integrado por: Vanessa Casteleiro, Brais Lorenzo, Paula Quiroga, Óscar Corral, Adra Pallón, Sara García, Agostiño Iglesias e Daniel Lázare.

Para máis info da exposición (aquí).

SEMINARIO: A CONSTRUCIÓN DUNHA OLLADA FOTOGRÁFICA DENDE GALICIA (22/06/23)

Este seminario, onde intervirán profesionais internacionais da fotografía como Xosé Luis Suárez Canal, Olívia Marqués da Silva, Anna Turbau, Delmi Álvarez, Carla Andrade ou o propio Colectivo Ollo. Terá lugar o vindeiro 22 de xuño no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

É de balde e o prazo de inscrición está aberto ata o propio 22 de xuño (aquí).

Para acceder ao programa do seminario (aquí).

CURSO DE VERÁN: NOVAS OLLADAS Á COSTA GALEGA, OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL CO COLECTIVO OLLO (30/06/23-01/07/23)

E, por último, o Curso de verán. Novas olladas á costa galega: obradoiro de fotografía documental co colectivo Ollo, terá lugar o vindeiro 30 de xuño e 1 de xullo no Auditorio da da Casa da Cultura de Porto do Son.

Un obradoiro de corte práctico sobre fotoxornalismo, creación de proxectos fotográficos e documentación dos mesmos, edición de resultados. Ademáis, de postas e común e debates relativos ao eido da fotografía e da imaxe. Este obradoiro rematrá cunha publicación conxunta.

O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de xuño a través da Universidade de Verán da USC (aquí).

Para acceder ao programa e máis información do obradoiro (aquí).

 

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais