O GEA organiza unha exposición de fotoxornalismo do Colectivo Ollo
A exposición xa pode ser visitada no corredor da Facultade de Ciencias da Comunicación.
As profesoras María Soliña Barreiro e Jennifer Novoa, do Grupo de Estudos Audiovisuais, organizaron xunto co Colectivo Ollo unha exposición fotográfica actualmente exposta no corredor principal da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Ollo é un colectivo fotográfico multidisciplinar adicado á creación, distribución, divulgación e difusión de historias de relevancia social a través da imaxe integrado por: Vanessa Casteleiro, Brais Lorenzo, Paula Quiroga, Óscar Corral, Adra Pallón, Sara García, Agostiño Iglesias e Daniel Lázare.
Co gallo da inauguración da exposición, os integrantes do colectivo mantiveron un encontro co alumnado na aula de Fotoxornalismo acompañados de Mª Soliña Barreiro e José Antonio Cascudo, profesorado responsábel das areas de fotografía.
O Grupo de Estudos Audiovisuais organiza tamén o Seminario “A construción dunha ollada fotográfica contemporánea dende Galicia” que se desenvolverá o xoves 22 de xuño no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación e contará coa participación de Anna Turbau, Xosé Suárez Canal, Olivia Marqués da Silva, Delmi Álvarez, Carla Andrade e o Colectivo Ollo.
Exposición e seminario, xunto co curso de verán títulado “Novas olladas á costa galega: obradoiro de fotografía documental co colectivo Ollo” que se celebrará os días 30 de xuño e 01 de xullo no Auditorio da Casa da Cultura de Porto de Son, inclúense dentro de “FX: Ollos para ver” o 1º Encontro arredor da contemporaneidade do medio fotográfico en Galicia.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
