Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

FX: Ollos para ver

Curso de verán. Novas olladas á costa galega: obradoiro de fotografía documental co colectivo Ollo

PROGRAMA:

Venres 30 de xuño
15: 00. Recepción dos participantes e apertura do curso.
15:15. Fotoxornalismo e documentalismo fotográfico: Unha categorización dende os traballos de Anna Turbau e Cristina García Rodero. Jennifer Novoa
16:00: O proxecto fotográfico: Do persoal ao documental e do documental ao persoal. As imaxes pasman? As imaxes anestesian? Adra Pallón
16:50 Pausa
17:15. A escolla do tema, a busca de referentes e ideas. Vanesa Casteleiro e Agostiño Iglesias.
18:00. Maneiras de narrar. Brais Lorenzo
18:50. Breve presentación das temáticas e encargos de documentación.
19.:30. Creación de grupos, escolla de materiais, e asignación de titores.
20.00. Proxeccion comentada de proxectos fotoxornalísticos.

Sábado 1 de Xullo
9:30. Reunión, distribución de material e inicio da saída fotográfica.
13:30. Pausa comida.
15.30. Selección fotográfica e primeira edición.
17.00. Posta en común e debate
18:00. Edición e esbozo organizativo da publicación.

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura de Porto do Son.
Data: 30/06/2023 – 01/07/2023

Máis información e inscricións ata o vindeiro 16 de xuño.

PERFIL PARTICIPANTES:

Mª Soliña Barreiro González é profesora da materia de Fotoxornalismo na Facultade de Comunicación da USC. Doutora en Comunicación Social pola Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, licenciada en Xornalismo (USC) e en Historia (UB), está especializada en investigación sobre o cine e a fotografía documental, a representación da clase traballadora nos medios e o cine de vangarda. Ten desenvolto as tarefas de documentación para filmes como Nación (Ledo, 2022) e na actualidade dirixe o documental interactivo Històries del Punt sobre a
memoria das traballadoras do textil de Mataró. http://orcid.org/0000-0002-8932-6474

Jennifer Novoa Domínguez é contratada predoutoral, dentro do departamento de Historia da Arte, na Facultade de Xeografía e Historia da USC. Graduada en Historia da Arte (USC), Mestrada en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte (USC) e Técnica Superior en Artes Plásticas e Deseño en Fotografía (Escola Superior de Arte e Deseño Antonio Faílde). A súa liña de investigación céntrase na historiografía da arte con perspectiva de xénero, a fotografía, a teoría e estética da imaxe, e os estudos culturais. Actualmente está a traballar na investigación da súa tese sobre fotógrafas galegas na segunda metade do século XX en Galicia. https://orcid.org/0000-0002-6322-2511

Ollo é un colectivo que traballa na creación, distribución, divulgación e difusión de historias relevantes para a sociedade a través da linguaxe da imaxe. Para realizar esta función conformamos un colectivo de persoas con contrastadas traxectorias entorno ao fotoxornalismo, documentalismo gráfico e videográfico.

Vanessa Casteleiro é fotoxornalista e fotógrafa documental. Comeza no 2006 e publica diariamente en prensa galega. As mulleres, a industria, os temas sociáis, son temas recorrentes no seu traballo máis persoal Apostar por unha información máis xusta é unha das súas motivacións. Recoñecida coa Medalla de prata nos “Premios ÑH6, Lo mejor del periodismo España y Portugal” polo súa reportaxe “Unha ollada crítica”.

Agostiño Iglesias comeza a súa carreira en 2013 como fotógrafo social e publicitario con encargos para entidades como Greenpeace España, Verdegaia, Turgalicia, Colabora Birmania ou Adolfo Domínguez.Durante estos últimos anos concentra os seus esforzos no fotoxornalismo e o documentalismo como fotógrafo freelance, colaborando con La Voz de Galicia principalmente; publicou tamén con El País, Faro de Vigo, Novas da Galiza, Revista Salvaje, revista Luzes, Altaïr Magazine…Paralelamente, imparte clases de fotografía en diversas localidades da provincia de A Coruña.

Brais Lorenzo está interesado en temáticas sociais e medioambientais. Compaxina o traballo como fotoxornalista con proxectos documentais de longo percorrido. Dende o ano 2010 traballa como colaborador da Axencia EFE e do xornal Faro de Vigo. Realizou fotografías para outros medios de comunicación como El País, El Mundo, La Vanguardia, ABC, Eldiario.es, La Marea, Nós Diario, Revista Luzes, The Guardian e axencias como Anadolu, AFP ou AP. O seu traballo é recoñecido a nivel internacional e nacional con premios como Ortega y Gasset, POYi, News Photo Awards, Sony World Photography Awards, Estaçao Imagem, Siena International Photo Awards, Luis Ksado, Galicia en Foco ou Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, entre outros.

Adra Pallón é un fotógrafo documental que a través de proxectos de longa duración nos que emprega a fotografía e o multimedia intenta explicar os problemas sociais que están presentes na rexión ou grupo social co que se integra ou do que forma parte. Para acadar ese fin alterna a colaboración con medios de comunicación coa docencia fotográfica e cos proxectos de longo percorrido en fotografía documental.Algúns dos seus traballos persoais foron recoñecidos en diferentes certames: Galicia en Foco, Andrei Stenin International Press Photo Contest, Premio Nacional de Fotoperiodismo do INJUVE, Prémio Estação Imagem 2022, Screenings do Visa Pour I ́Image de Perpignan, gañador da IV Beca Joana Biarnés, II Premio Héctor Zampaglione.

INFORMACIÓN DE CONTACTO:
Mª Soliña Barreiro González – mariasolina.barreiro@usc.es
Jennifer Novoa Domínguez – jennifer.novoa.dominguez@usc.es

Título do curso: Curso de verán. Novas olladas á costa galega: obradoiro de fotografía documental co colectivo OlloDescrición: Curso de Verán. 1º Encontro de fotografía documental contemporánea galegaDatas: 30/06/2023 - 01/07/2023Lugar: Auditorio da Casa da Cultura de Porto do SonDuración: 14 hInscrición: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran/novas-olladas-costa-galega-obradoiro-fotografia-documental-colectivo-ollo-12739
30/06/2023Auditorio da Casa da Cultura de Porto do Son
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais