Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Fernando Redondo foi elixido presidente da Fundación Neira Vilas

O sobriño do escritor releva a Luis Reimóndez

05/04/2019

O Patroado da Fundación Neira Vilas reuniuse en Gres para escoller novo presidente, tralo pasamento en decembro de Luis Reimóndez. O cargo recaeu no sobriño do escritor, Fernando Redondo Neira, membro do Grupo de Estudos Audiovisuais. O docente e investigador formaba parte do Padroado da Fundación desde 2016, e na súa candidatura reivindicou a continuación da institución como centro cultural de Gres, actividade á que se sumarán outras, como as convocatorias de premios literarios, consideradas de interese para manter vivas a memoria e a obra do cruceño. De feito, Redondo silana que a súa principal motivación para se presentar á presidencia foi o desexo de «traballar á prol da promoción e a difusión da obra de Neira Vilas, a defensa do seu legado, o de Anisia Miranda, e agora tamén o de Luis Reimóndez».

O novo presidente acadou nos últimos anos varios premios. O máis recente foi o Ramón Piñeiro de Ensaio 2018 pola obra Os amorodos de Bergman, que se publicará esta primavera. Obtivo tamén o premio Manuel Reimóndez Portela de Xornalismo en A Estrada e o II Premio María Luz Morales de ensaio sobre audiovisual, na categoría de audiovisual internacional.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais