ECREA apraza o período de matriculación no ECC Braga 2020
O novo prazo de inscricións abre o 15 de xuño
Do 2 ao 5 de outubro de 2020 a European Communication Research and Education Association (ECREA) celebrará en Braga o seu congreso bienal, desta volta baixo o lema Communication and trust. Con máis de seis meses por diante para a realización do evento, a organización do congreso non contempla, nesta altura, adialo ou suspendelo, pero si está a introducir cambios co obxectivo de facilitar a participación das persoas asociadas e demais relatoras.
Así, vén de ampliar até o 15 de xuño o prazo para que as investigadoras e investigadores con ponencias aceptadas confirmen a súa intención de tomar parte no evento e pospón até daquela o inicio do período de matriculacións. O prazo para se acoller ao pago reducido da inscrición será tamén ampliado.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
