“Do que non se escribe, non existe”
Unha reportaxe do ZigZag Diario traslada a relevancia de "A Foresta e as Árbores"
O ZigZag Diario do pasado luns 10 de xuño adicoulle unha reportaxe ao noso último libro, “A Foresta e as Árbores”. Dous dos autores, Iván Villarmea e Xosé Nogueira, foron entrevistados para esta pequena peza divulgativa sobre a publicación. O contido está xa dispoñible na web da TVG.
A reportaxe destaca a importancia dunha obra que visibiliza o noso audiovisual: “porque do que non se escribe, non existe”. Este segundo volume da serie “Para unha historia do cinema en lingua galega” presentouse o pasado 16 de maio na libraría NUMAX e está xa á venta.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
