Convocatoria do V Premio Literario NORTEAR
Aberto á participación da mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal
Até o 28 de xuño de 2019 estará aberto o prazo para participar na 5ª Edición do Premio Literario NORTEAR, dirixido a escritoras entre os 16 e os 36 anos nadas ou empadroadas tanto en Galicia como na rexión Norte de Portugal.
O premio ten unha dotación económica única de 2.000 euros, á que se suma a publicación bilingüe da obra. Baixo a modalidade de relato curto admítense orixinais inéditos de entre 5.000 e 8.000 palabras, escritos en lingua portuguesa (novo acordo ortográfico) e en lingua galega (ILGA).
A convocatoria é produto dun acordo acadado pola Consellería de Cultura e Turismo xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para estableceren accións conxuntas de colaboración a nivel cultural.
Consulta as bases para máis información.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
