Investigadores do GEA presentes nun coloquio sobre América Latina, decolonialidade e interculturalidade
Os investigadores do Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da Universidade de Santiago de Compostela participaron no II Coloquio Internacional Repensar a América Latina – Decolonialidade, Interculturalidade e Novas Subxectividades, celebrado en Braga (Portugal), entre o 24 e o 27 de febreiro. O evento foi organizado pola Universidade Federal de Alagoas (UFAL, Brasil) e o Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade da Universidade do Minho (Portugal), en cooperación coa Asociación de Filosofía y Liberación (AFYL), o Centro de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos (CEIIBA) e o Laboratorio de Estudos do Discurso (LED). O coloquio celebrouse en formato híbrido, con sesións presenciais e en liña, o que facilitou a participación internacional.
No evento presentouse a comunicación «Análise de prácticas decoloniais en tecnoloxías inmersivas: un estudo de casos en Latinoamérica» por Rocío Sosa Fernández, Enrique Castelló Mayo e Roi Méndez Fernández. Así mesmo, o investigador visitante do GEA Natalício Batista, procedente da Universidade Federal de Alagoas, participou nunha mesa redonda no panel titulado «Imagem como ferida colonial: notas sobre raça e gênero». Natalício Batista presentou unhas observacións sobre a práctica de facer retratos fotográficos de persoas afrodescendentes escravizadas no Brasil a finais do século XIX e principios do XX, e explicou a contribución da fotografía á construción de patróns e estereotipos étnico-raciais e de xénero no Brasil.
O II Coloquio Internacional Repensar a América Latina foi un espazo de escoita e produción crítica de coñecementos e saberes que reuniu a investigadoras e investigadores, estudantes e activistas de diversas xeografías, nacións e idiomas interesados nos desafíos contemporáneos do Sur global e os diálogos estratéxicos con outros continentes. O Coloquio reafirmou o seu compromiso co pensamento crítico e a descolonización dos saberes, das prácticas e das institucións, e considerou outras formas de convivencia, coñecemento e xustiza.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
