O terceiro volume da serie Para unha historia do cinema en lingua galega, editado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia, está a ter unha moi boa acollida. Os datos da Libraría NUMAX, un dos espazos de referencia en Galicia para a literatura sobre cinema, sitúan neste momento De illas e sereas entre os libros máis vendidos, xunto a fenómenos editoriais como Panza de burro de Andrea Abreu ou Las maravillas de Elena Medel.
De illas e sereas transita os filmes galegos estreados no último ano e algúns que están aínda por estrear, á vez que rescata outras pezas fóra de circuíto convencional, nunha singradura polas illas fílmicas e as sereas que as habitan, que dá pé a unha construción crítica da historia cinematográfica galega «á marxe de servidumes académicas e desde a crítica aos modos obsoletos de pensar nas películas». Baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión, escriben no libro outros membros do GEA como Fernando Redondo Neira, Cibrán Tenreiro Uzal, Antía López Gómez, José Luis Castro de Paz ou Marta Pérez Pereiro, e convidados como Alberte Pagán ou Pablo Súarez-Mansilla. É posible mercalo na maioría de librarías galegas e na web de Galaxia.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
