Archivo
"Autor: Estudos Audiovisuais"
Movistar+ anuncia que está a traballar para incluír subtítulos en galego na súa plataforma

A multinacional de telecomunicacións Movistar + anunciou por Twitter que está a traballar na inclusión de subtítulos en lingua galega na súa plataforma. Esta mensaxe foi recibida con ledicia por organizacións como A Mesa pola Normalización Lingüística, que destacaron que “incorporar os subtítulos en galego supón que as galegas e…
Pesar polo pasamento de José Marques de Melo

Coas verbas que Margarita Ledo pronunciou na homenaxe ao Professor José Marques de Melo durante o Congreso da AE-IC celebrado en Madrid en 2016, o Grupo de Estudos Audiovisuais expresa o fondo sentir polo pasamento deste mestre e colega investigador. Homenaxe da AE-IC ao Prof. Dr. José Marques de Melo…
O profesor José Luis Castro de Paz presenta o seu novo libro ‘Cinema e exilio: Forma(s) da ausencia’

O sábado 23 de xuño, ás 11:00 h no Edificio Rialto en Valencia, o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación e Catedrático de Comunicación Audiovisual da USC, José Luis Castro de Paz, presentará o seu novo libro ‘Cinema e exilio: Forma(s) da ausencia‘ dentro do marco do Festival Internacional…
O Grupo de Estudos Audiovisuais presenta o libro «Marcas na paisaxe»

O martes 12 de xuño ás 20. 00 horas, a libraría NUMAX acolle a presentación do libro Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega, editado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión. Marcas na paisaxe. Para unha…
Fernando Redondo recibe o Premio María Luz Morales a Mellor Ensaio Escrito Audiovisual Internacional que outorga a Academia Galega do Audiovisual

Fernando Redondo, profesor da Facultade de Comunicación da USC e membro do GEA, gañou o premio ao mellor Ensaio Escrito Audiovisual Internacional con Latexos de Saudade no Cinema, que propón unha análise de senllos filmes moi diferentes entre si, Dublineses (John Huston, 1987) e A cidade das estrelas. La La…
O profesor José Luis Castro de Paz participa nas xornadas ‘A transición a debate’

José Luis Castro de Paz, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, participará nas Xornadas ‘A transición a debate’ que organiza a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais dentro dos cursos de verán da USC. Os obxectivos deste curso son: presentar e analizar o…
O Proxecto APS dirixido polo profesor Enrique Castelló recibe un galardón da Consellería de Sanidade

Enrique Castelló, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, recibirá un galardón outorgado pola Consellería de Sanidade a través da Axencia de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos pola súa contribución á doazón de sangue en Galicia a través do proxecto APS, do que…
Margarita Ledo participa no curso de verán da UPV/EHU “We mean: Nós e o cinema documental contemporáneo”

Margarita Ledo, profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, participa no curso de verán da UPV/EHU “We mean: Nós e o cinema contemporáneo” este próximo 6 de xuño cunha ponencia co nome “O corpo e a cámara”. Este curso, que forma parte do proxecto…
O GEA celebra o Foro Internacional ‘As Linguas e o Cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’

Os días 21 e 22 de maio terá lugar o Foro Internacional ‘As linguas e o Cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’ na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais, o foro reúne a investigadoras e investigadores do…
Abertas as inscricións ao I Seminario de Crítica Experimental que organiza A Cuarta Parede

A revista de crítica cinematográfica A Cuarta Parede organiza a primeira edición do Seminario de Crítica Experimental dentro do marco da novena edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico. Esta experiencia, pioneira en Galicia e no estado español, quere poñer o foco na expresión máis libre do cinema que, ás…
© 2026 Estudos Audiovisuais