A revista de crítica cinematográfica A Cuarta Parede organiza a primeira edición do Seminario de Crítica Experimental dentro do marco da novena edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico. Esta experiencia, pioneira en Galicia e no estado español, quere poñer o foco na expresión máis libre do cinema que, ás veces, desafía o entendemento do espectador.
Os relatores desta primeira edición serán Mónica Delgado, directora da revista Desistfilm, Paco Algarín, da revista Lumière, e o crítico e cineasta Alberte Pagán. As sesións teorícas deste relatores compleméntase coas diferentes masterclass organizadas polo festival, onde destacan as da cineasta María Ruído e os directores Ernie Gehr e Fried Vom Gröller.
Toda a información para inscribirte, na páxina web de A Cuarta Parede.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
