José Luis Castro de Paz, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, participará nas Xornadas ‘A transición a debate’ que organiza a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais dentro dos cursos de verán da USC. Os obxectivos deste curso son: presentar e analizar o estado dos estudos sobre a Transición, analizar o papel das elites e da sociedade civil durante a Transición, analizar a Transición en Galicia, analizar o papel dos medios de comunicación e do cine na Transición e analizar o impacto da Unión Europea na Transición.
O programa completo das xornadas pódese consultar aquí. A matrícula está aberta ata o 6 de xullo a través da web da USC.
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade Antía […]
