Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

ASSIBERCOM estende o prazo de presentación de propostas até o 31 de xullo

A XVII edición da IBERCOM terá lugar en Bogotá do 27 ao 29 de novembro

04/06/2019

A Associação Ibero-Americana de Comunicação (ASSIBERCOM) vén de ampliar o prazo de presentación de prospostas para a XVII edición do IBERCOM, acollida polo Departamento de Comunicación e a Escola de Comunicación e Linguaxe Pontificia Universidad Javeriana (Bogotá, Colombia). Os resumos poderán enviarse até o 31 de xullo.

O congreso pretende reafirmar o espazo ibero-americano de reflexión e debate dos estudos en Comunicación. Tendo en consideración o momento histórico que atravesa Colombia, así como as posibilidades de diálogo e encontro intercultural, “Comunicação, Violências e Transições” será o tema central da IBERCOM 2019. A aposta por esta temática ten que ver coa convición de que a violencia é un fenómeno complexo que vai alén da dimensión puramente física ou material, abarcando amplamente o eido do simbólico e do discursivo.

Desde a organización exhortan á reflexión sobre o papel da comunicación nas transicións democráticas, xunto con outras transicións variadas (socio-ecolóxicas, xeográficas, biolóxicas, de xénero, conceptuais…) que vive o mundo contemporáneo. Seguindo esta liña xeral e considerando as divisións temáticas que establecen na súa web, as investigadoras e estudantes interesadas deberán presentar un resumo estendido no formato establecido.

+info.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais