Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Convocado o VI Certame de Fotografía Ruth Matilda Anderson

O galardón premia a visibilización da labor das mulleres e a deconstrución de estereotipos de xénero

02/07/2019

USC convoca o VI Certame de fotografía Ruth Matilda Anderson, que conmemora a figura da fotógrafa norteamericana, quen realizou varias viaxes a Galicia das que deixou testemuño a través das súas imaxes, centrándose no retrato das actividades cotiás dos anos 20. Por medio deste galardón a USC tenta promover a igualdade dentro e fóra da comunidade universitaria, a través de dous mecanismos:

  1. Sacar á luz o labor que desenvolven as mulleres na sociedade e que historicamente se veu invisibilizando.
  2. Deconstruír na medida do posible os estereotipos de xénero, acerca dos traballos que son propios de mulleres e os que o son de homes, e motivar a facer unha escolla da carreira profesional dun xeito máis libre e vocacional.

Con tal fin, este premio dirixido á comunidade universitaria e exalumnado da universidade acepta soamente obras cuxa temática xire arredor das mulleres dende diversas perspectivas (visibilización do traballo, mulleres e ciencia, rompendo estereotipos de xénero…), premiándose a creatividade, innovación e o impacto da imaxe. Outorgaranse tres premios, financiados polo Concello de Santiago de Compostela, cunha dotación económica de 1.000€, 800€ e 500€.

As fotografías deben presentarse en formato dixital, cunha resolución mínima de 300 ppp e orientación horizontal, en tamaño A3 ou A4. Admítense traballos até o 10 de setembro de 2019.

 +info na web da OIX

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais