Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Amtega organiza o “I Foro de Debate Profesional” para a Galicia do 2030

Os encontros sobre "Vida Dixital & Intelixente" daranse cita na Facultade de Ciencias da Comunicación o 2 de xullo

26/06/2019

A primeira semana de xullo celébrase, no marco da Estratexia Dixital de Galicia 2030, o I FORO DE DEBATE PROFESIONAL co obxecto de impulsar o diálogo e a colaboración entre axentes públicos e privados necesaria para a identificación e resolución dos desafíos dixitais aos que se enfronta Galicia nun novo paradigma de sociedade onde todo está conectado e as tecnoloxías se fusionan.

É unha iniciativa da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) co fin de configurar a Galicia 5.0, aproveitando as tecnoloxías dixitais para contribuír ao desenvolvemento sostible da Comunidade a nivel económico, social e medioambiental. O enfoque do evento incorporará a perspectiva de especialización funcional, distinguindo distintos grupos de debate en función da natureza dos desafíos a tratar. Estará deseñado de xeito práctico para que todos os asistentes interactúen, centrándose na identificación de pancas a considerar para conformar a sociedade galega do futuro.

A celebración dos distintos grupos pivotará en torno ás tres universidades galegas. Os debates baixo a temática “Vida Dixital & Intelixente” desenvolveranse o próximo día 2 de Xullo na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Dentro deste tópico trataranse tres epígrafes principais: “Saúde & Benestar”, “Educación Dixital” e “Identidade & Cultura”. Os tres bloques restantes versan sobre “Territorio Verde & Conectado”, “Economía Aberta” e “Especialización Tecnolóxica”.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais