O GEA apoiará o proxecto de Alma Alonso e María Aragón, gañadoras do I Concurso de Guións Curtos para a Igualdade CIMA 10
As alumnas de Comunicación Audiovisual conseguiron o galardón co proxecto `Señora, por favor´, que rodarán en galego
Alma Alonso e María Aragón, alumnas da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, resultaron premiadas no concurso CIMA10 Guiones para la Igualdad, organizado pola Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA) e a plataforma dixital Amazon Prime. Neste certame buscábanse guións de curtametraxes escritos por novos talentos femininos e estas alumnas presentaron `Señora, por favor´, unha peza de só cinco minutos escrita integramente en galego.
O financiamento do seu proxecto será por parte das entidades convocantes e terá o apoio da Facultade de Comunicación a través da titorización da profesora e investigadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, Marta Pérez Pereiro, así como do persoal técnico.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
