
Call for papers para a 12ª conferência internacional de cinema de Viana ata o 19 de febreiro
A presentación de resumos para a conferencias que terá lugar na Escola Superior de Educação de Viana do Castelo será ata o 19 de febreiro de 2023.
A XII Viana International Film Conference ten como obxectivo reunir a destacado persoal académico, investigador e estudioso para presentar e compartir as súas experiencias e resultados de investigación, construír unha comunidade internacional e proporcionar unha plataforma interdisciplinar arredor dos seus principais temas: “cine e educación”, “cine: arte, ciencia e cultura” e “fotografía e memoria”.
A 12ª ediçión terá lugar en Viana do Castelo entre o 2 e o 5 de maio de 2023, dentro da programación dos XXIII Encontros de cinema de Viana.

O Festival de Málaga retoma as xornadas Málaga Docs coa publicación do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad, editado por Cátedra e o propio festival. Complementando a presentación deste volumen celébrase o Encuentro de Cine Documental 2023, En el espejo: una mirada compartida al cine documental en España, que traslada algúns dos […]
A revista Cinema & Território (C&T) é unha publicación científica anual e internacional de arte e antropoloxia das imaxes da Universidade da Madeira (UMa). A C&T está aberta a propostas para publicación de investigadores internos e externos á UMa, que se encadren nos dominios das artes e dos estudos cinematográficos, da antropoloxia visual e das imaxes […]
O certame ten dúas modalidades: monografía e artigo, o premio consistirá nun Diploma acreditativo e unha axuda de até 1.500€ para gastos de publicación do mellor monográfico presentado, e de 400€ para o mellor artigo que supere o proceso de revisión para ser publicado na Revista de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación […]