A doutoranda do GEA, Sara Calvete, finalista do concurso ‘Three Minute Thesis’ (3MT®)
A final do certame organizado pola EDIUS celebrarase o 27 de xuño na Nave de Vidán
A USC, a través da súa Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), puxo este ano en marcha a primeira edición do Three Minute Thesis (3MT®), un concurso de comunicación para investigadores e investigadoras de todas as áreas do coñecemento. A doutoranda do GEA, Sara Calvete Lorenzo, é unha das finalistas do certame co vídeo no que explica o obxecto de estudo da súa tese, que se centra no corte dos corpos femininos no cinema, especialmente nas películas de terror e ciencia ficción. O vindeiro luns 27 de xuño, ás 20.00h, terá lugar na Nave de Vidán (Santiago) a final presencial do concurso.
Iniciado pola Universidade de Queensland en 2008, 3MT cultiva as habilidades de comunicación académica, de presentación e de investigación dos estudantes. O concurso apoia a capacidade dos doutorandos e doutorandas para explicar eficazmente a súa investigación en tres minutos, nunha linguaxe adecuada para un público non especializado.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
