Aberta a inscripción para a décimo segunda edición do CO(M)XÉNERO. `A brigada invisible. Kellys, criadas e internas saen a escena´.
O seminario terá lugar os días 4 e 5 de novembro no Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Comprácenos anunciar unha nova edición do CO(M)XÉNERO – Seminario Permanente de Comunicación e Xénero da USC, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais. `A brigada invisible. Kellys, criadas e internas saen a escena´ será o tema desta décima segunda edición, que terá lugar os días 4 e 5 de novembro no Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación.
A actividade está aberta ao público en xeral, mais diríxese especialmente a profesionais e persoal investigador no eido das ciencias da comunicación, estudantes do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas (a participación no seminario será considerada AF), e estudantes dos graos de Comunicación Audiovisual e Xornalismo.
Embaixo atoparedes o programa e velaquí deixamos a ligazón ao formulario de inscrición.
Como noutras edicións, a matrícula é de balde ata completar as prazas. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 31 de outubro.
Agardamos tervos de novo connosco!


Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
