Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

A web Novo Cinema Galego habilita o acceso aberto dun feixe de filmes

15/03/2020

Co gallo de contribuír con propostas culturais que faciliten pasar estes días de cuarentena, a web NovoCinemaGalego.info vén de abrir o acceso a un feixe dos filmes que figuran nos seus arquivos. Aínda que adiantan que nos próximos días serán máis as fitas que se incorporen á listaxe, incluímos ao pé do texto as que figuran polo momento.

O proxecto Novo Cinema Galego- Arquivo das Novas Prácticas Cinematográficas da Galiza xurdiu en 2015 co obxectivo de rexistrar e dar soporte científico aos procesos de vangarda na creación cinematográfica que están a agromar no país. Trátese dunha iniciativa desenvolvida por Álex Bragaña, Xurxo González, Beli Martínez, Alberte Pagán e Bárbara Primo, coa colaboración de Luis Cividanes, Xosé Nogueira, Martin Pawley, Jaime Pena, José Manuel Sande, e os investigadores do GEA, Marta Pérez Pereiro e Fernando Redondo Neira.

Filmes en aberto:

Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe, 2010)
Vikingland (Xurxo Chirro, 2011)
O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013)
Hyohakusha (Xisela Franco e Ánxela Caramés, 2015)
Ser e voltar ( Xacio Baño, 2015)
Bs. As. (Alberte Pagán, 2006)
Leo y Mario [se dejan] (Sonia Méndez, 2011)
N-VI (Pela del Alamo, 2012)
Rapa das Bestas (Jaione Camborda, 2017)
Montaña en Sombra (Lois Patiño, 2012)
Listen to me (Carla Andrade, 2016)
O Cazador (Ángel Santos, 2008)

[actualización 20 de marzo]

Fogos (Martin Pawley e Marcos Pérez, 2017)
Sin Dios ni Santa María (Helena Girón e Samuel M. Delgado, 2015)
O porco e o seu espírito (Adrián Canoura, 2017)
La Brecha (Marcos Nine, 2011)
Piedad (Otto Roca, 2012)
Jet Lag (Eloy Domínguez Serén, 2014)
Vida Extra (Ramiro Ledo, 2013)
Arraianos (Eloy Enciso, 2012)
La declaración de los objetos (Cristobal Arteaga, 2016)
Fragmentos de Brand (Carlos Álvarez-Ossorio, 2012)
Visións (filme colectivo, 2016)
Verengo (Víctor Hugo Seoane, 2015)

 

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais