
A Filmoteca Española acolle a presentación de ‘Formas en transición. Algunos filmes españoles del período 1973-1986’
Será o mércores 4 de marzo ás 17.30 horas no Cine Doré
O catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade José Luis Castro de Paz presenta en Madrid o seu último libro: Formas en transición. Algunos filmes españoles del período 1973-1986. Será o mércores 4 de marzo no Cine Doré ás 17.30 horas e farao na compaña do Director da Filmoteca Española, Josetxo Cerdán e do crítico, escritor e cineasta Javier Maqua. A continuación, proxectarase o filme Tú estás loco, Briones (Javier Maqua, 1980). O acceso é de balde até completar a capacidade do espazo.
Editado por Shangrila, o volume achégase á Transición política española, un dos períodos máis convulsos e frutíferos do cinema español e tamén dos máis variados en temas, xéneros estilos e enfoques. Un cinema conxuntural que documenta e retrata a España deses anos desde todas as frontes, desde todas as opcións políticas. Nos catorce anos que median entre 1973 e 1986 prodúcense da orde de 1300 longametraxes; un vasto corpus heteroxéneo e complexo, tanto no que se refire ás formas fílmicas despregadas como aos discursos construídos por medio daquelas. Porque, como é lóxico, tanto os filmes máis reaccionarios como aqueloutros capaces de transmitir ao público os valores que vertebraban a transformación política, pasando polos máis rupturistas que rexeitaban o proceso político desde a esquerda, puxeron pé os seus discursos ideolóxicos despregando as ferramentas propias do medio cinematográfico (a montaxe/posta en escena no seu sentido máis amplo), especialmente proclive entón a audacias e probas formais de todo tipo: investigacións e innovacións ora brillantes e frutíferas, ora apenas embrionarias, en exceso abruptas erradas ou inconclusas, pero sempre valiosas e historicamente significativas, e construídas moitas veces a partir dunha reelaboración profunda de formas e estilizacións vinculadas ás tradicións culturais populares das que o cinema español de nutriu desde o período mudo.

A integrante do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX) é tamén Contratada Predoutoral no Grupo de Estudos Audiovisuais do Departamento de Comunicación da USC. A actividade de presentación da investigación predoutoral terá lugar o vindeiro 12 de abril das 14.00h ás 16.00h na Sala Hipatia da Facultade de […]
O Festival de Málaga retoma as xornadas Málaga Docs coa publicación do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad, editado por Cátedra e o propio festival. Complementando a presentación deste volumen celébrase o Encuentro de Cine Documental 2023, En el espejo: una mirada compartida al cine documental en España, que traslada algúns dos […]
A revista Cinema & Território (C&T) é unha publicación científica anual e internacional de arte e antropoloxia das imaxes da Universidade da Madeira (UMa). A C&T está aberta a propostas para publicación de investigadores internos e externos á UMa, que se encadren nos dominios das artes e dos estudos cinematográficos, da antropoloxia visual e das imaxes […]