A USC convoca a XVI Edición dos Premios á Calidade Lingüística
O certame recoñece os 15 mellores traballos académicos escritos en galego
A XVI Edición dos Premios á Calidade Lingüística ten como obxectivo fomentar o uso do galego entre o estudantado, ligado ao espallamento da cultura da calidade na elaboración e defensa dos seus traballos. Con este certame prémiase os mellores traballos académicos, fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM) redactados en galego no presente ano académico.
Esta iniciativa impulsada dende o Servizo de Normalización Lingüística, concede cinco premios á calidade, un por cada grande área de coñecemento, en cada unha das tres modalidades, o que fai un total de 15 premios. Os traballos académicos de curso son recoñecidos cun premio de 150 euros por cada unha das grandes áreas de coñecemento. Pola súa parte, os TFG serán premiados con 300 euros; mentres que os TFM recibirán 500 euros. En todos os casos, os gañadores e gañadoras reciben ademais un diploma para o seu currículo.
Os XVI Premios á calidade lingüística abranguen todas as titulacións da USC, e daquela, todos os estudantes de grao, enxeñaría ou mestrado da USC que fagan os seus traballos en galego e obteñan cando menos a cualificación de aprobado poderán optar a estes premios, que contan co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
O prazo para presentarse aos XVI Premios á calidade lingüística remata o 31 de xullo, no caso dos traballos académicos de curso, e o 30 de setembro no caso de TFG e TFM. Para optar aos premios só cómpre presentar unha copia do traballo, unha vez que estea aprobado, xunto cos datos que se solicitan, nos rexistros da USC. Nesta ligazón, poden consultarse as bases completas do certame.
[texto: Xornal USC]
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
