
A 15 edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que ía ser celebrada do 23 ao 29 de marzo coa colaboración do Grupo de Estudos Audiovisuais, tivo que ser posposta ao mes de setembro por mor da extensión do COVID-19. Así que para non deixar estas tardes orfas de cinema, e dende a crenza de que a cultura tamén pode ser un espazo de coidados e apoio mutuo, a organización puxo en marcha unha edición especial da MICE en liña, que non exclúe a celebración da mostra prevista á volta do verán.











A Oficina de Igualdade de Xénero da USC outorga ao Grupo de Estudos Audiovisuais a Mención Honorífica en recoñecemento a unha consolidada traxectoria de investigación e actividades formativas con perpectiva de xénero. Entre as iniciativas e accións promovidas polo GEA e valoradas para a concesión desta mención, a Universidade pon énfase no desenvolvemento do CO(M)XÉNERO-Seminario […]
A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC) acaba de publicar en aberto o libro de homenaxes da última edición do seu congreso internacional, que recoñeceu a traxectoria de Margarita Ledo Andión, Néstor García Canclini e Ramón Zallo. O volume inclúe as laudatorias que lles dedicaron Emili Prado, Miquel de Moragas e Mª Trinidad […]
A Cátedra Juan Antonio Ramírez do Museo Reina Sofía convida á investigadora, cineasta, poeta e escritora Margarita Ledo Andión ao seu programa de conferencias maxistrais. Baixo o título “Exilio. Feminismo. Ensaio fílmico: o corpo como vestixio“, Ledo Andión propón unha reflexión en torno ao corpo como punto de chegada logo de percorrer un fío invisible que […]