Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

A USC albergará o maior proxecto de investigación en contidos dixitais

22/10/2009

A Universidade de Santiago de Compostela presentou o pasado 22 de outubro o seu Centro de Produción e Experimentación en Contidos Dixitais, o maior proxecto desta caste dentro do programa Profesionales Digital.es, do Ministerio de Industria, que destinará 1.150.000 euros para este centro. Na súa creación colaborou o profesor de Comunicación Audiovisual e investigador do Grupo de Estudos Audiovisuais, Enrique Castelló Mayo.

A entidade pública Red.es, dependente da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, en colaboración coa Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), veñen de presentar o proxecto de creación dun Centro de Produción e Experimentación en Contidos Dixitais (CEPECD) en Galicia que, entre outras cousas, funcionará como unha unidade transversal de formación de profesionais en contidos dixitais.

Este Centro, que terá a súa sede en Santiago de Compostela, estará composto por varias unidades diferenciadas orientadas á produción de contidos audiovisuais, á produción e experimentación 3D, aos videoxogos e á postprodución, almacenamento e difusión de contidos dixitais. O proxecto, que está dotado cun orzamento de 1.150.000 euros, fai parte do programa Profesionales Digital.es que se está a desenvolver nun total de 21 universidades públicas do Estado, entre as que se atopa a USC, entidade académica que achega o 30 por cento do capital investido neste Centro.

O obxectivo principal do novo centro da USC vai ser impulsar a industria de contidos dixitais, mediante accións de formación e investigación; experimentar con escenarios virtuais, animación 3D, e aplicar os seus resultados en técnicas de realidade virtual, que sirvan como apoio ao sector multimedia e audiovisual.

O CEPECD recibiu xa o apoio de diferentes empresas especializadas en contidos dixitais como a Axencia Efe, Bren Entertainment, Blu:sens, Filmax Animation, Ficción Producciones, R Cable, Knowledge Factory, e outras corenta que xa mostraron o seu interese en sumarse ao proxecto.

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo participará no curso: Habitar el lenguaje: arte, política y ficción o vindeiro 19 de xuño
O curso é organizado polo Círculo de Bellas Artes de Madrid e terá opción presencial e online
06/06/2023

A Catedrática de Comunicación e IP do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo, participará no curso: Habitar el lenguaje: arte, política y ficción o vindeiro 19 de xuño. O curso, organizado polo Círculo de Bellas Artes de Madrid, aborda as formas contemporáneas de representación e as súas implicacións políticas e sociais desde diferentes perspectivas e disciplinas. Esta reflexión […]

Seguir lendo
Fx: Ollos para ver, 1º encontro de fotografía documental contemporánea galega
Exposición, seminario e curso de verán
23/05/2023

O 1º Encontro de Fotografía Documental Contemporánea Galega está organizado dende o Grupo de Estudos Audiovisuais e agrupa unha lista de actividades que teñen como cometido achegar fotografía documental galega, da man dunha extensa lista de profesionais, ao eido universitario. Compónse á súa vez de diferentes actividades dende os meses de abril ata xullo: EXPOSICIÓN […]

Seguir lendo
O GEA participa na rolda de prensa da Iniciativa polo galego no audiovisual sobre o relatorio para a aplicación da Directiva audiovisual no Parlamento Europeo
O sector audiovisual académico e profesional valora como un éxito inclusión dunha emenda elaborada polas entidades agrupadas na Iniciativa polo galego no audiovisual
10/05/2023

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023.- Representantes do sector audiovisual valoraron esta mañá en rolda de prensa a aprobación, por parte do parlamento europeo, do relatorio para a aplicación da Directiva audiovisual, salientando a inclusión dunha emenda elaborada polas entidades agrupadas na Iniciativa polo galego no audiovisual do que  asistiron en representación: Margarita […]

Seguir lendo
© 2023 Estudos Audiovisuais