A revista L’Atalante prepara un número monográfico vinculado ó Proxecto de Investigación sobre o cinema español posbélico
O número 20 da revista L’Atalante abranguerá unha reflexión sobre o cinema español da posguerra, incidindo nas transformacións fílmicas do período, nunha edición monográfica vinculada ó Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España). O exemplar levará por título Heridas, pervivencias, transformaciones: hacia la definición de unos modelos de estilización en el cine posbélico español (1939-1962) e publicarase en xullo de 2015.
L’Atalante. Revista de estudios cinematográficos é unha publicación semestral sen ánimo de lucro editada en Valencia coa colaboración de diversas universidades, e indexada en prestixiosos catálogos, directorios, sumarios e bases de datos de revistas de investigación e divulgación científica.
Está prevista a participación de varios membros do Proxecto, pero a edición está aberta a quen desexe colaborar con artigos relacionados coa temática da investigación, escritos en español ou inglés, e cunha extensión de entre 4000 y 4500 palabras. O prazo para a recepción de propostas conclúe o día 22 do próximo mes de xullo.
Na sección call for papers da páxina web da revista pódese encontrar información máis detallada ó respecto:
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
