A International Association for Media and Communication Research (IAMCR) vén de facer pública a imposibilidade de celebrar o seu congreso anual de forma presencial. O evento, que xa fora trasladado dende a súa localización inicial en Pequín á cidade finesa de Tampere por mor do risco de expansión do COVID-19, desenvolverase finalmente online.
A través dunha carta pública da presidenta Janet Jasko, a asociación recoñece a inviabilidade de organizar sen riscos e cambios constantes esta conferencia e descarta tamén o seu aprazamento para evitar solapamentos co seguinte encontro, programado para xullo de 2021.
Baixo o título ‘Reimagining the Digital Future: Building inclusiveness, respect and reciprocity‘, a presente edición do congreso recibiu 2400 propostas de comunicacións, cuxa avaliación e aceptación será comunicada nos próximos días. Ante a imposibilidade de desenvolver en rede todas as actividades e sesións programadas, o IAMCR Virtual 2020 ofrecerá as sesións plenarias a través de gravacións e directos de alta calidade e incluirá un repositorio de documentos en liña para que as investigadoras e investigadores con ponencia aceptada poidan compartir o seu traballo co resto de participantes e recibir así os seus comentarios e réplicas.
No seu desenvolvemento online, a conferencia mantén as datas que foran previstas para o encontro presencial e celebrarase do 12 ao 16 de xullo.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
