Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA
Jennifer

Jennifer Novoa, investigadora do GEA, explica o seu proxecto en La voz de Galicia

Jennifer Novoa investiga sobre as fotógrafas galegas da segunda metade do século XX e ao mesmo tempo da aulas en Historia da Arte

10/07/2023

A investigadora do GEA Jennifer Novoa explica o seu proxecto de investigación nunha entrevista para o xornal La Voz de Galicia.

“Agora está levando a cabo un proxecto, que forma parte do seu doutoramento, coa Universidade de Santiago. Está investigando sobre as fotógrafas galegas da segunda metade do século XX e ao mesmo tempo da aulas en Historia da Arte. `Estou empezando pero a verdade é que sinto que a investigación responde á necesidade de coñecer máis sobre as profesionais que había naquel tempo. Aplico a teoría feminista ao meu campo de estudo porque sabemos que a muller experimentou coa cámara do mesmo xeito que os seus coetáneos pero apenas temos documentación sobre o que facían elas. Quero afondar sobre quen eran esas mulleres, que tipo de fotografía facían e por que´, explica.

Podedes ler a entrevista aquí.

Foto: La Voz de Galicia.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais