A Fundación Carlos Velo promove a celebración destas xornadas sobre a figura, a obra e o legado do director ourensán Carlos Velo que terán lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación do 27 ao 28 de novembro. Coincidindo coa celebración do 110 aniversario do seu nacemento en Cartelle, e baixo o título ‘Carlos Velo na memoria. 110 anos’, o simposio reune a investigadores e cineastas como Iván Trujillo Bolio, José Manuel Mouriño, Antonio Weinrichter, Miguel Anxo Fernández, José María Paz Gago, Emilio Carlos García Fernández, Xosé Nogueira, Fernando Redondo Neira, Xosé Enrique Acuña e Luis Álvarez Pousa.
A organización das xornadas conta coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e dun equipo formado por membros da fundación pertencentes á Universidade de Vigo e á Universidade de A Coruña.
Durante dous días, no simposio que se desenvolverá en Compostela, incidirase en aspectos vencellados ao traballo de Carlos Velo ou á realidade das diferentes etapas e escenarios sociais nos que lle tocou vivir en España e en México.
Programa
DIA 1. 27 de novembro
10:00h. Conferencia
Iván Trujillo Bolio – A relevancia de Carlos Velo no cine científico en México.
16:00h. Mesa redonda
José Manuel Mouriño (Investigador, ensaísta e cineasta) – Ver e dar(se) a ver: Carlos Velo e os cineastas españois no exilio de 1939.
Antonio Weinrichter (Universidade Carlos III de Madrid) – Mecanismos de construción do documental de Torero!.
Miguel Anxo Fernández (Universidade de Vigo, Fundación Carlos Velo) – Carlos Velo, guionista e produtor en México.
18:00h. Conferencia
José María Paz Gago (Universidade da Coruña, Fundación Carlos Velo). Pedro Páramo: a adaptación dun clásico da novela mexicana do século XX.
DÍA 2. 28 de novembro.
10:00h. Conferencia
Emilio Carlos García Fernández (Universidade Complutense de Madrid, Fundación Carlos Velo) – O cine en Galicia na transición do silente ao sonoro.
16:00h. Mesa redonda
Xosé Nogueira (USC) – Carlos Velo no cine español dos anos 30.
Fernando Redondo Neira (USC) – Almadrabas: imaxes fílmicas de tradición e modernidade no eido laboral.
Xosé Enrique Acuña – Un retorno necesario a Romancero Marroquí.
18:00h. Conferencia
Luis Álvarez Pousa (USC) – Formación e referencias intelectuais e políticas de Carlos Velo.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
