A avaliación das políticas europeas de apoio ao cinema e análise da situación das pequenas cinematografías comunitarias son os albos do encontro internacional de investigadores que o Grupo de Estudos Audiovisuais organiza en París no marco do proxecto ‘Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión orixina’ (eDCINEMA).
Celebrado na Sala Ramón y Cajal do Centro Español en París do 10 ao 12 de setembro, o seminario conta coa participación de especialistas de diferentes universidades europeas, como Thomas Elsaesser (Universidade de Amsterdam), Jacques Guyot (Université París 8), Hannu Vanhanen (Lapin Ylopisto) e Steve Blandford (Glamorgan University) ademáis de diversos membros do Grupo de Estudos Audiovisuais,
É este o primeiro acto dun programa de encontros internacionais de carácter anual que redundan no carácter europeo do proxecto eDCINEMA e amosan os esforzos do GEA na procura de interrelacións entre investigadores de distintos países e ámbitos. A próxima cita será en Santiago de Compostela no outono de 2014.



A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
