No seu 40 aniversario e baixo o título “Defending Democracy. Nordic and global diversities in media and journalism” a presente edición do Congreso Nordmedia aborda, do 8 ao 11 de agosto na capital norueguesa, o papel central que os medios de comunicación xogan nos procesos de democratización. Neste contexto, e como continuación labor de difusión dos avances do Proxecto de Investigación “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión original.”, varios membros da equipa da investigadora participan toman parte no evento. Margarita Ledo, Antía López e Enrique Castelló presentan “Defending democracy as a system and cultural diversity as a model: Europe’s small-scale audiovisual media markets and digital inclusion”. Pola súa parte investigadoras Marta Pérez e Silvia Roca interveñen coa ponencia “Role models in small cinemas. Strategies of creativity for cultural diversity”.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
