Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Webinar sobre métricas de datos, interpretación e resultados organizado por AGAPI

O vindeiro 17 de outubro terá lugar o webinar `Métricas de datos, interpretación e resultados´ organizado por AGAPI.

11/10/2022

O vindeiro 17 de outubro, das 10 ás 12h, terá lugar o webinar “Métricas de datos, interpretación e resultados” organizado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) dentro do programa AGAPI IMPULSA COPROS. Esta actividade conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

Andrea Villa será a encargada de impartir esta formación. Andrea é Licenciada en Xornalismo, Master en Xestión de Industrias Culturais, produtora e xestora de redes sociais. Ten unha dilatada experiencia profesional en equipos de comunicación de eventos e proxectos de diversa índole como a Academia Galega do Audiovisual, a produtora Portocabo, o Festival de Cans, Novos Cinemas, (S8) Mostra de Cinema Periférico, Curtocircuíto, Festival de Cine Internacional de Ourense. Responsable de redes sociais do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, no LAIC (Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación) do programa Coruña Dixital ou como ou como produtora transmedia e deseño de RRSS da serie dixital “Antes de perder”, (Cósmica Producións e Playz, RTVE).

A formación impartirase vía online a través da plataforma zoom e será de balde ate completar aforo. As persoas interesadas deberán enviar un correo a agapimpulsa@agapi.gal antes do 14 outubro indicando nome, apelidos e enderezo electrónico. Este é o segundo dunha serie de webinars que están destinados a promover e mellorar competencias dixitais co fin de complementar o traballo de asesoramento en aspectos innovadores con especial interés no coñecemento de novas audiencias.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais