Cinema e Crise no Mediterráneo
Panel de comunicacións "Cine e Crisis: o cinema en linguas non hexemónicas como síntoma"
22/10/2018
O equipo investigador do proxecto de I+D+i “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI, ref. CSO2016-76014-R) participa cun panel no Congreso “Cine e Crise no Mediterráneo” que se celebra na Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació da Universitat de València, do 22 ao 26…
XIII Congreso Internacional LUSOCOM
28/11/2018
Despois da Cidade de Praia, Cabo Verde, en outubro de 2016, este encontro terá como tema específico “Comunicación e información para o desenvolvemento”. Baixo este lema, búscase congregar docentes e investigadoras/es de Ciencias da Comunicación para identificar campos de interese comúns, subliñar singularidades e idiossincrasias e explotar eficazmente camiños de…
XESCOM 2019
25/04/2019
Dende 2015, XESCOM organiza un simposio internacional para promover o encontro entre investigadores da área da comunicación e outras áreas relacionadas. A primeira edición (2015)desenvolveuse na cidade de Pontevedra, España; a cidade de Quito, en Ecuador, recibiu a segunda edición (2016); o terceiro simposio (2018) desenvolveuse na Coruña, España; e…
VIII Congreso de LUSOCOM
14/04/2009
O VIII Congreso de LUSOCOM, Comunicação, Espaço Global e Lusofonia, celebrouse na cidade de Lisboa e foi presidido pola profesora Margarita Ledo Andión, coordinadora do grupo de Estudos Audiovisuais. O evento desenvolveuse na Escola de Comunicación, Artes e Tecnoloxías da Información da Universidade Lusófona, que acolleu de xeito simultáneo o…
VII Congreso de Lusocom
24/04/2006
Santiago de Compostela acolleu a sétima edición do Congreso Internacional de Comunicación Lusófona (LUSOCOM, na Escola de Comunicação, Artes e Tecnologia da Informação da Universidade Lusófona, en Lisboa. Este VII Congreso Internacional de Comunicación Lusófona versou sobre o espazo da lusofonía no mundo e cuestións relacionadas coa comunicación, a cultura…
Galicia pola radio. Desde os anos trinta á actualidade
06/11/2008
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu o congreso Galicia pola radio. Desde os anos trinta á actualidade, que repasou a historia deste medio en Galicia, no momento en que se celebran tres cuartos de século de emisións radiofónicas no país. O congreso centrouse principalmente na radio de…
I+C Investigar a Comunicación
Congreso Internacional Fundacional de AE-IC
30/01/2008
I+C Investigar a Comunicación foi o tema central do Congreso Internacional Fundacional da Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC), que reuniu en Santiago de Compostela a medio millar de investigadoras e investigadores. Destacados persoeiros do ámbito académico e científico e 365 participantes procedentes de 25 países fundamentalmente do…
Quince anos de Ciencias da Comunicación en Galicia
20/11/2006
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC celebrou o congreso 15 anos de Ciencias da Comunicación en Galicia. Prensa, foto, cine, radio, televisión e internet (2006), dirixido polos profesores Xosé López, Xosé Soengas e Miguel Túñez. O encontro foi inaugurado cun acto oficial no que participaron as primeiras autoridades…
Comunicación audiovisual: investigación e formación universitarias. II coloquio Brasil-Estado español Ciencias Comunicación
23/11/1998
A finalidade de organización deste evento consistiu en afondar as relacións entre a formación universitaria e a investigación, segundo a perspectiva do espazo da comunicación audiovisual en específico e localizar as diferenzas entre as ofertas dos centros de capacitación profesional e de outras entidades que orientan as pesquisas baixo obxectivos…
Simposio: Finlandia, Galiza, Gales. Os retos dos pequenos cinemas en linguas minorizadas
24/11/2015
A consideración das nacións como espazos comunicativos, e do cinema en versión orixinal como ferramenta inequívoca para a construción da diversidade cultural europea serven de punto de partida para este simposio no que o debate xira arredor das barreiras dos cinemas minorizados para facerse visibles. Abórdanse, asemade, as políticas da…
