Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Comunicación audiovisual: investigación e formación universitarias. II coloquio Brasil-Estado español Ciencias Comunicación

A finalidade de organización deste evento consistiu en afondar as relacións entre a formación universitaria e a investigación, segundo a perspectiva do espazo da comunicación audiovisual en específico e localizar as diferenzas entre as ofertas dos centros de capacitación profesional e de outras entidades que orientan as pesquisas baixo obxectivos de carácter administrativo, hiperpragmático, ou comercial.

O evento contou coa participación de destacados profesionais do eido académico e científico, asemade das contribucións económicas dunha serie de institucións de iniciativa pública e privada.

Os resultados deste foro permitiron observar a posición ocupada pola Comunicación Audiovisual a nivel estratéxico, o seu papel nas identidades culturais e políticas e a responsabilidade de configurar, dende a universidade, propostas de coñecemento que permitan a actuación e a sistematización da análise, múltiple e dialéctica dun fenómeno que se fundamenta na concretización da pescuda multilateral.

Data de inicio: 23/11/1998Data de fin: 25/11/1998
© 2024 Estudos Audiovisuais