Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Cinema e Crise no Mediterráneo

Panel de comunicacións "Cine e Crisis: o cinema en linguas non hexemónicas como síntoma"

O equipo investigador do proxecto de I+D+i “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI, ref. CSO2016-76014-R) participa cun panel no Congreso “Cine e Crise no Mediterráneo” que se celebra na Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació da Universitat de València, do 22 ao 26 de outubro de 2018.  Baixo o título “Cine e Crise: o cinema en linguas non hexemónicas como síntoma” o equipo de investigación do proxecto EUVOS pon o foco no cinema como práctica cultural e analiza as condicións das cinematografías en linguas non hexemónicas na contorna europea. O panel conta con achegas de Margarita Ledo Andión, Mª Soliña Barreiro, Fernando Redondo e Beatriz Zabalondo.

+info.

Data de inicio: 22/10/2018Data de fin: 26/10/2018Investigadores participantes: Margarita Ledo Andión María Soliña Barreiro Fernando Redondo Neira , Beatriz Zabalondo
© 2019 Estudos Audiovisuais