Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

I+C Investigar a Comunicación

Congreso Internacional Fundacional de AE-IC

I+C Investigar a Comunicación foi o tema central do Congreso Internacional Fundacional da Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC), que reuniu en Santiago de Compostela a medio millar de investigadoras e investigadores. Destacados persoeiros do ámbito académico e científico e 365 participantes procedentes de 25 países fundamentalmente do eido europeo e americano, déronse cita na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Este evento puxo de manifesto a existencia dunha puxante masa crítica neste campo científico de estudo, xa que se recibiron 510 propostas de contribución, das que foron seleccionadas 277 para presentar durante os tres días de duración deste foro de debate e reflexión.

Asemade, o encontro serviu para facilitar a cooperación e crear redes de intercambio de información entre investigadores/as provintes de máis de sesenta universidades distintas, das cales 18 eran estranxeiras.

Data de inicio: 30/01/2008Data de fin: 01/02/2008
© 2024 Estudos Audiovisuais