Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Mª Soliña Barreiro participa no “Ciclo sobre a fotografía e a construción da realidade” en Ribadavia

A investigadora do GEA María Soliña Barreiro González participa coa palestra "Do xogo ao incendio: As fotomontaxes de John Heartfield na República de Weimar"

02/11/2023

Ciclo sobre a fotografía e a construción da realidade no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Neste ciclo, que está vinculado á exposición Mentindo con mestría. Montaxes fotográficas de Agusto Pacheco (1948-1973), o tema principal será a fotomontaxe falando de diferentes artistas, técnicas e expresións.

Na sexta feira, 3 de santos ás 8 da tarde, comezamos con: “Do xogo ao incendio: As fotomontaxes de John Heartfield na República de Weimar” da man de María Soliña Barreiro González.

Na cuarta feira, 15 de santos, será Vitor Vaqueiro quen falará sobre “Achegamentos á montaxe”.

O 15 de nadal, Carlos Javier Iglesias Castelao e Rubén Martínez Alonso falarán sobre o fotógrafo Ksado.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais