Faísca cultural: “Narrativas efectivas para comunicar o cambio climático”
O 7 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación ás 11 da mañá
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural
Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra é un programa de ‘Faíscas Culturais’ deseñado como complemento da exposición ‘Un rastro de furia e algas’ que ocupa ata o mes de xaneiro o Salón Artesonado do Colexio de Fonseca.
Dentro do programa celebrárase unha xornada sobre Narrativas efectivas para comunicar o cambio climático o 7 de novembro ás 11:00 h no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
