Cinema e deporte. Clase xénero e cuestión nacional
Actividade organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais, Cinema. Col.lectiu d´Investigación Estética dels Mitjans Audiovisuals e o Cineclube de Compostela
Os días 14 e 15 de setembro de 2023 celebrarase no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o seminario Cinema e deporte. Clase xénero e cuestión nacional. Este seminario está organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela, Cinema. Col.lectiu d´Investigació Estètica des Mitjans Audiovisuals da Universidade Pompeu Fabra e o Cineclube de Compostela.
No encontro participarán o catedrática emérita de Comunicación Audiovisual da USC, Margarita Ledo, o catedrático de Comunicación Audiovisual, José Luis Castro de Paz e a profesora e investigadora María Soliña Barreiro. En representación da Universidade Pompeu Fabra participarán Manuel Garin, Albert Elduque, Nuria Cancela e Laia Puig. Tamén intervirán o fotógrafo e investigador Vito Vaqueiro e a editorial Meninho Morreu.
Actividades e Obradoiros:
Xoves 14
10.00. Benvida – Margarita Ledo.
10.15. Apertura das xornadas: Manuel Garin e María Soliña Barreiro.
DEPORTE E CLASE: MEDIOS, FIGURAS, MOTIVOS VISUAIS
10:30. Ricardo Zamora e o MARCA fascista: mediatizando, politizando, disciplinando – Manuel Garin.
11:15. Fútbol e clase: dous motivos visuais – María Soliña Barreiro e Albert Elduque.
12:15. Pausa.
XÉNERO, DEPORTE E ESTRELATO CINEMATOGRÁFICO
12.45. Xogar no star system: cine, deporte e estrelas cinematográficas – Nuria Cancela e José Luis Castro de Paz.
13:30. De l’altar a la llar: les esposes dels futbolistes a la premsa i els noticiaris franquistes – Laia Puig.
14:30. Pausa comida.
A CUESTIÓN NACIONAL: ARQUIVOS E XEOGRAFÍAS
16:00. Fotografía, fútbol e fascismo no Arquivo Pacheco – Vítor Vaqueiro.
17:00. Fútbol, política e literatura dende Galiza: diálogo coa editorial Meninho Morreu.
21.30 horas CINECLUBE DE COMPOSTELA
PROXECCIÓN DE JUGUETES ROTOS (Summers, 1966) Presentación de Ariadna Cordal e o colectivo Memoria e Cinema.
Venres 15
WORKSHOP DE VISIONADOS
O FÚTBOL NO NO-DO: XESTOS, FIGURAS, RETÓRICAS
10:00. Noticias seleccionadas, clasificadas e extraídas do arquivo NO-DO Debate sobre aspectos metodolóxicos, temáticos e de posta en escena.
14:00. Clausura.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
