Periodismo de futuro y con futuro
O xornalismo ten presente e ten futuro. Dino moitos académicos, organizacións profesionais e actores sociais e políticos. Pero non é suficiente. Non se trata de conviccións desexos ou boas intencións. Os debates sobre o futuro do xornalismo, moi necesarios e oportunos nestes tempos de transformacións e cambios, alimentan pronunciamentos a favor da busca de respostas ás ameazas para a actividade informativa. O xornalismo da sociedade está na sociedade e cómpre que sexa a sociedade a que quere que siga cumprendo o seu papel. E para isto, ademais de facer pronunciamentos, é preciso dar pasos que reforcen marcos idóneos para a práctica do bo xornalismo, nunha sociedade onde os medios rindan contas e establezan alianzas coa cidadanía.
Autor/a:
Ana Isabel Rodríguez Vázquez
, Xosé López García, Jorge Vázquez Herrero e Cruz Negreira Rey. Ano: 2018Titulo: Periodismo de futuro y con futuro
Categoría:
Capítulo de libro
Título revista/libro: Periodismo con futuro. Puentes Rivera, I.; Campos Freire, F.; López García, X. (coords). Páxina inicial: 13Páxina final: 21Cidade: PortoPaís: PortugalEditorial: MediaXXI. FormalpressISBN: 978-989-729-195-1