Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

O xornalismo en transición, a antesala dun modelo de ‘Total Journalism’

O Xornalismo vive unha profunda metamorfose no proceso de reconfiguración do ecosistema mediático. O impacto de internet nas rutinas xornalísticas marcou un antes e un despois na práctica profesional. Ninguén pon en dúbida que as alteracións introducidas foron relevantes. Tanto na pesquisa de material e na súa difusión houbo mudanzas. O resultado é un renovado conxunto de rutinas sedimentadas que conviven con outras máis experimentais e aínda en construción. Un ollar para o xornalismo actual, focado principalmente na Península Ibérica e na Europa en xeral, permite indicar, no entanto, que o básico permanece. Os xornalistas continúan contando historias de non-ficción e permanecen como mediadores que teñen unha influencia relevante nas sociedades actuais.

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Xosé López García Ano: 2016Titulo: O xornalismo en transición, a antesala dun modelo de ‘Total Journalism’ Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Intercom. Revista Brasileira de Ciências da ComunicaçãoVolume: 39Número: 1Páxina inicial: 57Páxina final: 72Cidade: 1980-3508
© 2024 Estudos Audiovisuais