Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

La renovación del periodismo en la sociedad en red

O xornalismo volveuse complexo na complexa sociedade actual. Calquera achega ao xornalismo actual, por moi exhaustiva que pretenda ser, sempre corre o risco de resultar parcial porque no panorama mundial existen moitos matices xornalísticos. Non existe unha única forma de entender o xornalismo, aínda que hai uns principios básicos asumidos polos profesionais e respaldados pola sociedade, a través de organizacións internacionais que elaboraron códigos deontolóxicos da profesión xornalística, que deben cumprirse para poder entrar na casa común do xornalismo. O modelos de xornalismo dominante conviviu con numerosas alternativas que xurdiron nestes anos e que na actualidade teñen vida propia. O eslogan de “outro xornalismo é posible” animou moitas iniciativas que nos cinco continentes levan adiante coñecidos profesionais da información nos diferentes soportes, con propostas do máis variopinto.
Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Xosé López García, Carlos Toural Bran Ano: 2016Titulo: La renovación del periodismo en la sociedad en red Categoría: Libro País: MéxicoEditorial: Universidad Autónoma de Chihuahua
© 2024 Estudos Audiovisuais