Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

La producción del presente social en Televisión

A crecente mediación da experiencia, articulada polos denominados medios de comunicación –e de maneira hexemónica polo dispositivo televisivo–, constitúe un dos elementos definitorios da configuración da realidade individual e colectiva nas sociedades modernas. Trátase dunha mediación cuxa intensidade e omnipresencia fai que, tan só de maneira esporádica, o espectador se interrogue acerca da «realidade» dos acontecimentos que se materializan, fugaces e parpadeantes, na pantalla do seu televisor: aínda que en poucas ocasións coa intensidade experimentada por aqueles televidentes que, o once de setembro de 2001, asistían en directo á sobrecolledora hecatombe provocada polos dous avións comerciais que –tras ser secuestrados por terroristas suicidas– sementaban a destrución no corazón financeiro de Manhattan.

Autor/a: Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Ano: 2003Titulo: La producción del presente social en Televisión Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Publicación anual I/C. Revista científica de Información y ComunicaciónEditorial: Secretariado de Publicaciones de la Universidad de SevillaISSN: 1696-2508
© 2024 Estudos Audiovisuais