Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

La manifestación de la violencia en televisión: la crisis del texto publicitario

A crecente preocupación pola presenza de manifestacións violentas en televisión ¿un dos principais axentes de configuración da realidade individual e colectiva nas sociedades modernas, traduciuse nunha miríade de investigacións que, a pesar a súa omnipresencia, adoitan excluír os textos publicitarios. É que, se ben o discurso publicitario se caracterizou tradicionalmente pola súa exclusión terminante da violencia, hoxe viuse obrigado a convocar nas súas mensaxes o pulsional-violento para romper a barreira da inatención dun telespectador literalmente anegado por miles de interpelacións mediáticas antitéticas. O problema é que este tipo de provocación publicitaria baseada na violencia conduce a unha crise da textualidade mesma, pois a única maneira de inscribir o pulsional-violento no texto non é precisamente facendo disto algo utilitario e instrumental, senón a través dun modo tal de acotación da violencia que, do lado do simbólico, faga dela algo humanamente asumible.

Autor/a: Enrique Castelló Mayo Ano: 2003Titulo: La manifestación de la violencia en televisión: la crisis del texto publicitario Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Anuario de Sphera Pública. Revista de Ciencias Sociales y de la Comunciación “La violencia en la generación de culturas fronterizas”Editorial: Universidad Católica de MurciaISSN: 1180-9210
© 2024 Estudos Audiovisuais